Creando un Blogue con Blogger
O blogger de Google é un xeito moi doado de crear unha bitácora en segundos, sen necesidade de coñecer nada de programación e de xeito intuitivo, como si estiveramos a traballar con un editor de textos calqueira.Dende a tua pantalla de benvida na pestana "Mas" atopas un enlace ó blogger, (ou identificandote en www.blogger.com, premes en crear novo blogue (teoricamente se poden crear dende unha mesma conta tantas bitácoras como un desexe),poñerlle un título, verificar a disponibilidade do enderezo /URL escoller o estilo ... e a publicar!!
![]() |
Pantalla de definición de estilo e verificación de disponibilidade da URL. |
Na parte superior do escritorio vemos a barra de ferramentas. Permitenos escoller a fonte da letra, o tamaño, destacar mediante negrita, suliñado, itálica ou tachado, escoller as cores do texto e do fondo, formatear un enlace, engadir fotos, videos, formatear o texto e incluir listados con guión ou numerados.
![]() |
Barra de ferramentas e panel lateral. |
Na dereita atopamos as opcións das etiquetas (para axudar nas busquedas ós motores e mais a un mesmo mentras navega pola propia bitácora), usar uunha URL persoalizada se estivera dispoñible e diversas opcións relacionadas cos modos de edición e de interacción cos lectores.
Unha vez teñas escritas unhas cantas entradas, compre que difundas o teu contido nas redes sociais para crear audiencia.
No panel principal do blogger atoparemos ferramentas para configurar o aspecto e comportamento do noso blogue, a posibilidade de trocar a disposición dos elementos, monetización mediante Google AdWords, estadísticas etc.
![]() |
Panel principal do Blogger. |
Unha nota mais... a creación de un blogue require determiñada constancia. Marcate un calendario onde definas as entradas que vas realizar e mantente nel. Dalle ós teus contidos maior enfase enlazandoos entre si, e sobre todo, se orixinal e non vulneres os dereitos de propiedade intelectual de outras persoas.
Cicais tamén che interese ler:

Creando un blogue con blogger by Manuel Freiría Figueiras is licensed under a Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 Unported License.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Comenta tu opinión sobre esta entrada.
Leo y respondo a todos los comentaios.
Podría invitarte a escribir en este blog.