Flickr: O album de fotos mais social.
Neste caso rexistrarse en Flickr non é mais que solventar a necesidade de gardar as imaxes en algún lugar que nos alixeire a carga dos blogues ou da páxina web. A teoría di que a carga da páxina faise moito mais rápido cando o contido parte de varias fontes.
Para rexistrarse en Flickr non compre mais que un enderezo Google, ou ben unha conta no Facebook ou en Yahoo.
Un dos atractivos que este servicio gratuito pon a dispor dos usuarios e a posibilidade de xuntarse a grupos de temática concreta, ou a posibilidade de crear os gupos propios para poder conformar unha comunidade.
Os grupos poden persoalizarse de xeito que poden ter o acceso restrinxido. Os administradores poden borrar fotos e comentarios. Compre usar as verbas chave convenientes para facilitar a busca dos nosos grupos por os outros usuarios, e tamén para facilitar a indexación nos motores de busca.
A partires de que teñamos subidas nosas primeiras fotos, estas estarán asociadas a un enderezo web, de xeito que podese chegar a elas con un simple click no enderezo, si e que as fixemos públicas. (Ver exemplo)
Outra gran posibilidade que nos ofrece Flickr como ferramenta de marketing e a posibilidade de engadir a localización da foto nun mapa. Así achegamos a tenda do producto mais ó usuario.
Como queira que o Blogger non admite o enderezo da foto (ou non o recoñece por error), o que temos que facer para incluir unha foto do Flickr é copiar o código HTML e embutilo no noso editor web ou de blogue.
Para incorporar un album en modo presentación de diapositivas a un blogue con blogger, compre poñer o album en modo "slideshow", pulsar no botón partillar e posteriormente engadilo na tua entrada.
Contanos, coñeces algún truco interesante para o Flickr?

Flickr: O album de fotos mais social by Manuel Freiría Figueiras is licensed under a Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 Unported License.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Comenta tu opinión sobre esta entrada.
Leo y respondo a todos los comentaios.
Podría invitarte a escribir en este blog.